Curso de Mecánica Básica para Ciclistas

7 de Marzo de 2026
Local Social de Agrón (Ames)
17h00
Inscricións: https://forms.gle/DujcQ8b5swWMmR4G8

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
A través do seguinte formulario poderaste inscribir no “Curso de Mecánica Básica para Ciclistas” que organizamos desde o Club Ciclista Ames grazas ao noso socio Sergio Sánchez Alcalde.

https://forms.gle/DujcQ8b5swWMmR4G8

DATA: 7 de Marzo de 2026

LUGAR: Local Social de Agrón (Ames). Ubicación: https://maps.app.goo.gl/CsMTaNrfJX3SRg1S7

HORA: 17h00 – 20h00

PRAZAS LIMITADAS

1ª AMES GRAVEL SOCIAL RIDE

O próximo domingo día 21 de setembro ás 9h30 terá lugar a 1ª Ames Gravel Social Ride, con saída e chegada desde o Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Concello de Ames). Un evento cicloturístico non competitivo que pretende servir de quedada entre amigas/os que queiran descubrir o paraíso gravel que hai no Concello de Ames.

Inscríbete xa AQUÍ!

+iNFO: Instagram @clubciclistaames

TRACK da RUTA: https://ridewithgps.com/routes/52550489

Ano novo… obxectivos novos!

Seguimos vivos/as… e pedaleando!

Aínda que nos últimos anos o CC Ames non estivese moi activo nas redes e na comunicación, o club segue activo nas estradas, nas pistas e nos camiños. Vimos de renovar a directiva e un dos novos obxectivos para este 2025 é difundir todas as cousas que estamos pensando e facendo.

Seguide atentos/as ao instagram, facebook e a esta web!
En breve máis info!